BENVIDOS A ARXON ESTRATEGIA

´Non hai vento favorable para o que non sabe onde vai.´

Lucio Anneo Séneca. Filósofo Latino (2 AC- 65).

EMPRESAS FAMILIARES

Servizo integral de cabeceira para unha empresa familiar. Cada familia empresaria é única, e necesita solucións únicas en todas as áreas de xestión. Todo o que un empresari@ necesita no seu día a día.

CONSULTORÍA FINANCEIRA

As dificultades financeiras son a febre das enfermidades nas empresas: Manifestan problemas na xestión. Identificámolos e buscamos a súa solución. As empresas pechan pola caixa. Traballamos para evitalo.

VISIÓN DIRECTIVA

Non somos consultores tradicionais. Temos visión directiva, como empresarios. A nosa experiencia profesional e empresarial en Dirección permítenos comprender ao noso cliente.

FISCALISTA E MERCANTIL

Identificamos a responsabilidade do empresario desde a óptica fiscal, patrimonial e mercantil. Vemos o que outros non ven desde a responsabilidade que supón dirixir á empresa.

CRISIS OU OPORTUNIDADE

Unha travesía no deserto? Conte connosco.
Os problemas non deixarán de xurdir. Pero as solucións tampouco.
Cada ano é un bo momento para reinventarse, reformularse retos e afrontar cambios que reforcen a nosa viabilidade futura.
O futuro será daqueles que aprendan rápido e se adapten. As empresas necesitan paixón, eficacia na xestión e soños. Falar de futuro.

Rafael Martinez-Carrasco Samartin
Socio Director
En ARXON ESTRATEXIA necesitamos crear, soñar e achegar paixón nos proxectos nos que participamos. É preciso fixar un rumbo e traballar duro ata mantelo. Como di o filósofo, "Non hai vento favorable para o que non sabe onde vai". Nós axudamos a fixar o rumbo, mantelo e evitar as tempestades que seguro haberá que afrontar.
E aínda que nos orientamos aos obxectivos, temos presente sempre que as persoas son o factor diferencial en calquera organización. Elas fan que os soños sexan realidade.

A NOSA HISTORIA

Fitos principaIs da nosa historia.





    300Clientes

    5500 horas de formación

    Os nosos CLIENTES OPINAN

    Recollemos o testemuño dalgúns dos nosos clientes.
    • Coñecín a Rafa de casualidade nun seminario de estratexia e modelo de negocio, a partir de aí apunteime a todos os seus seminarios en Santiago pola enerxía positiva que me achegaba, en cada unha aprendía máis, todos os conceptos complicados tanto de temas financeiros como comerciais e de mercadotecnia, traducíaos a unha realidade entendible e de aplicación práctica e inmediata na miña empresa. Na actualidade, asesóranos en varios proxectos e non teño palabras suficientes para agradecerlle a súa achega CLAVE a un proxecto de gran envergadura de relanzamento comercial que a nosa empresa está a desenvolver. Todo o mundo debería atoparse unha casualidade como Rafa. Grazas Rafa

      Rocío Lourenco Presa
      Malga

    • O equipo de Arxon sempre que o necesitas está accesible para atenderche e solucionarche os problemas. Son un máis da nosa empresa. Nunca coñecín a ninguén tan traballador.

      Diego Vázquez
      imaxin|software

    • A nosa gratitude a Rafa polo seu inestimable asesoramento durante todos estes anos de profunda transformación na nosa empresa. Cambios xeracionais, incorporación de membros novos, crecemento nunha conxuntura adversa, procura dun adecuado financiamento... A súa profesionalidade e ilusión en todos os proxectos foron de gran axuda. Grazas Rafa, considerámosche un máis da nosa empresa.

      Mª. Caridad García Busto
      Granjas Campomayor

    CONSULTOR DE CABECEIRA

    Rafael Martínez-Carrasco. Proximidade e experiencia.

    Tras anos de traballo coñecendo de primeira man as necesidades das empresas, especialmente familiares, detectei que todas solicitaban un tipo de axuda que moi poucas consultoras podían ofrecer.
    Así naceu ARXON ESTRATEXIA, consultora de estratexia para empresas familiares, ofrecendo un servizo de acompañamento na toma de decisións do día a día da dirección achegando unha visión complementaria sobre o terreo. Ofrecemos un servizo ao empresario para que non senta só nas decisións da súa empresa e ofrecerlle outros enfoques para afrontar os seus retos e solucións aos seus problemas.

    OS NOSOS CLIENTES

    Oficinas de Santiago

    • Arxon Estrategia
      Quercus Business Center.
      15707 Santiago,
      A Coruña

    • +34 620 230 389
    • +34 881 99 89 25
    • info@arxonestrategia.com


    [contact-form-7 404 "Not Found"]