21/06/2016 Xornada na Confederación de Empresarios de Lugo: Análise Económica-Financeiro para non expertos

O vindeiro martes, día 21 de xuño de 2016, Arxon Estratexia realizará na Sede Central da Confederación de Empresarios de Lugo (CEL) a xornada Análise Económica-Financeiro para non expertos.

Rafael Martínez-Carrasco, director de Arxon Estratexia, será o encargado de impartila, o obxectivo é achegar a interpretación e comprensión da información financeira a xestores de pemes e traballadores autónomos, interesados en mellorar a toma de decisións á hora de xestionar o seu negocio.

Tamén se presentará o Programa Re-Acciona de IGAPE destinado a prestar servizos de consultoría especializada a pemes e autónomos, do cal se abrirá en breve unha nova edición, onde Arxon Estratexia volve ser o adxudicatario do servizo de Optimización Financeira e Mellora do Circulante.

A asistencia á xornada é gratuíta, pero as prazas son limitadas, inscricións en www.cel.es

Related Post