22/06/2016 Xornada “Responsabilidades fiscais e patrimoniais sobre as decisións da empresa” na Asociación de Empresarios de Chantada

O mércores día 22 de xuño de 2016, Arxon Estratexia impartirá unha nova xornada formativa na Asociación de Empresarios de Chantada.

Rafael Martínez-Carrasco será o encargado de presentar as principais regulacións e normas ás que se atopa suxeita a figura do Administrador.

Os obxectivos principais desta xornada son:

  • Identificar as obrigacións principais da figura do Administrador
  • Concienciar da función do cargo de Administrador, así como dos deberes que se esixen coa nova lei
  • Identificar as diferentes vías de responsabilidade

O contido da acción formativa será o seguinte:

  1. Nova contorna mercantil
  2. Modificacións sobre a Xunta Xeral
  3. Modificacións sobre o Órgano de Administración
  4. Responsabilidade dos Administradores. Opcións de retribución
  5. Responsabilidade dos Administradores. Control
  6. Auditoría de operacións vinculadas. Re-Acciona 2016

 Lugar: Telecentro de Chantada

Horario : 20:30 a 22:00 horas

Inscripciones:

acia@chantada.com

📞 982.46.20.94

📱 680.645.124 (WhatsApp)

Related Post