BONO DAS PERSOAS AUTÓNOMAS. CONSELLERÍA DE ECONOMÍA, EMPREGO E INDUSTRIA.
- Posted by Marketing
- Posted in Consultora de CabeceiraDesenvolvemento de Negocio
O bono das persoas autónomas, consiste nunha axuda en concorrencia competitiva da Consellería de Economía, Emprego e Industria, para as catro provincias de Galicia, cun orzamento total de 3 millóns de euros con posibilidade de ampliación de crédito ou redistribución entre provincias do mesmo.
Persoas beneficiarias
Autonom@s que residan e traballen en Galicia, cunha antigüidade de modo ininterrompido de 42 meses e que teñan un rendemento neto reducido dos rendementos declarados na declaración do IRPF anual inferior a 30.000 euros e unha facturación mínima anual de 12.000 euros IVE incluído, declarados no ano anterior ao da convocatoria.
Quedan excluídos autónomos familiares ou traballadores economicamente dependentes.
Concédese unha axuda de ata 3.000 € con pago anticipado para a execución dos gastos para sufragar.
Gastos subvencionables
- Profesionalización: servizos de mellora da xestión financeira e procura de financiamento, servizos de optimización de procesos de produción e cadea loxística, relanzamento comercial, imaxe, comunicación e posicionamento web.
- Desenvolvemento estratéxico: plan de avance empresarial, márketing, redefinición do modelo de negocio e identificación de socios e redes de cooperación.
- Tamén se poderá ter en consideración calquera outro servizo ou actividade, non incluído nos parágrafos anteriores, que poida ser considerado de maneira indubidable como dirixido ao avance da competitividade.
Así mesmo, poderá ser computable como gasto subvencionable, o pago do importe do cofinanciamento privado dos servizos contratados co Igape, a través do programa Re-Acciona (DOG 03/08/2016) na súa convocatoria de 2017 e sucesivas, por parte das persoas traballadoras autónomas.
Presentación
Un mes desde a publicación no DOGA e a través da sede electrónica da Xunta de Galicia.
O custo máximo de subvención é o 80% tanto de modo independente ou en concorrencia con outras axudas para o mesmo proxecto.
Trátase dunha subvención encadrada no ámbito de minimis polo que algúns sectores atópanse excluídos.
Máis información na seguinte ligazón:
https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2017/20170731/AnuncioG0424-170717-0003_gl.html