COMO EMPRENDER A TRAVÉS DUNHA FRANQUÍA E CONSEGUIR FINANCIAMENTO

img

A Cámara de Comercio de Santiago organiza o martes día 17/10/2017, unha xornada gratuíta sobre “Como emprender a través dunha franquía e conseguir financiamento”, en colaboración Auren Retail y Franquicias e Arxon Estrategia. Celébrase a partir das 10:00 horas no salón de actos da Cámara.

A xornada estará impartida polo xerente de Auren Retail y Franquicias, Nacho Cabaleiro, e o director de Arxon Estrategia, Rafael Martínez-Carrasco. Explicarán diferentes axudas e subvencións públicas para emprender e liñas de financiamento dispoñibles, todo con exemplos e casos prácticos. Tras a charla haberá unha sesión de networking entre os asistentes e reunións privadas e individualizadas cos interesados.

Data: Martes, 17 de outubro 2017

Hora: 10:00 horas

Lugar: Salón de Actos da Cámara de Comercio de Santiago

Conferencia gratuíta previa inscrición en:

http://www.camaracompostela.com/

Programa:

Programa Xornada Cámara Santiago

Related Post