
CURSO COMO MELLORAR A RENDIBILIDADE MEDIANTE A XESTIÓN DE COMPRAS E PROVEDORES

- Posted by Marketing
- Posted in Desenvolvemento de NegocioDirección ExternaFinanzas
CURSO COMO MELLORAR A RENDIBILIDADE MEDIANTE A XESTIÓN DE COMPRAS E PROVEDORES
A rendibilidade non pasa por comprar máis e barato, senón mellor.
Do 3 ao 6 de outubro de 2016, Rafael Martínez-Carrasco, Socio-Director de Arxon Estratexia impartirá na Cámara de Comercio da Coruña, o curso ?Como mellorar a rendibilidade mediante a xestión de compras e provedores?, imprescindible para pemes e autónomos que queren mellorar a rendibilidade do seu negocio.
CONTIDOS DO CURSO:
Función loxística na empresa. Ciclo de compras. Custos loxísticos. Previsión da demanda. Stock na empresa e custo de ruptura de stock para o negocio.
Práctica: Cálculo do Punto de Pedido Óptimo.
Selección de provedores (mellora da rendibilidade económica). Información previa e solicitude de ofertas. Negociación con provedores: determinantes obxectivos, subxectivos e psicolóxicos. Solicitude de pedido e análise do desempeño. Comunicación: escrita, verbal, non verbal, telemática.
O proceso de compras. Planificación e previsión das compras. Orzamento de compras. Xestión de stocks. Custo total do aprovisionamento. Rendibilidade das compras.
Adecuación do medio de pago (mellora da rendibilidade financeira). Recibo, cheque, pagarei, letra de cambio, etc.
OBXECTIVOS: desenvolver a aprendizaxe adecuada de negociación para a optimización das compras na empresa. Saber como preparar unha negociación para aumentar as posibilidades de éxito.
ORIENTADO PREFERENTEMENTE A: empresarios, xerentes, persoal técnico relacionado e interesados en xeral.
METODOLOXÍA: eminentemente práctico, con exemplos. Utilización de medios audiovisuais.
PRAZAS LIMITADAS – CERTIFICADO ACREDITATIVO
DATA E HORA LÍMITE DE INSCRICIÓN: 29 DE SETEMBRO, 13:00 HORAS
HORARIO E DURACIÓN: 18:30 a 21:30 horas (Luns a Xoves), 12 horas.
MATRÍCULA: 115,00 ?. 85,00 ? para empresarios e persoal de empresas socias da Cámara. Ata o 100% de bonificación (Fundación Estatal para a Formación no Emprego), solicite e cubra a documentación necesaria en: formacion@camaracoruna.com
IMPARTE: D. Rafael Martínez-Carrasco Samartín.
INFORMACIÓN E MATRÍCULA: Cámara de Comercio, Industria, Servizos e Navegación da Coruña. C/Alameda, 30, 1º. A Coruña. Tel: 981 216 072.
LUGAR DE IMPARTICIÓN: Centro de Formación da Cámara. C/Mendaña de Neyra, 3 (lateral ao Recinto Feiral de EXPOCORUÑA).