Curso Elaboración e Control Orzamentario

img

Rafael Martínez-Carrasco, Socio-Director de Arxon Estratexia, impartirá na Cámara de Comercio da Coruña, o curso “Elaboración e Control Orzamentario”, do 13 ao 21 de marzo de 2017.

Contidos:

Concepto de Orzamento como ferramenta de Dirección (Que é o orzamento anual dunha empresa, estratexia, xestión preventiva e predictiva do labor orzamentario, a visión financeira do orzamento,…).
Para que e para quen (Beneficios do orzamento para a xestión dunha PEME, que empresas necesitan un ORZAMENTO, beneficios do uso do orzamento como ferramenta de xestión, como e cando se utiliza,…)
Metodoloxía para a elaboración (quen elabora o orzamento na empresa, deseño horizontal e vertical, como se define e pasos a seguir, que información necesito, opcións efectivas para a súa elaboración, o último orzamento actualizado e como se aplica.
O control orzamentario (Sistemas básicos de seguimento orzamentario, quen o realiza, frecuencia recomendada,…).
Casos prácticos.
OBXECTIVOS: aprender unha metodoloxía profesional para elaborar e controlar un orzamento anual, identificando os aspectos crave do proceso e como implicar aos diferentes departamentos no mesmo. Coñecer o papel da Dirección na súa elaboración e a súa posta en marcha e metodoloxía para o seu seguimento e control.
ORIENTADO PREFERENTEMENTE A: empresarios, directivos e técnicos relacionados coa administración da empresa e con polo menos nocións básicas de contabilidade. Interesados en xeral.
METODOLOXÍA: formación conceptual e aplicación de casos prácticos.

HORARIO E DURACIÓN: 18:00 a 21:30 horas (Luns e Xoves), 20 horas.
MATRÍCULA: 180,00 ?. 135,00 ? para empresarios e persoal de empresas socias da Cámara. Ata o 100% de bonificación (Fundación Estatal para a Formación no Emprego), solicite e cubra a documentación necesaria a: formacion@camaracoruna.com, antes de 7 días do comezo.
IMPARTE: D. Rafael Martínez-Carrasco Samartín (Arxon Estratexia).
INFORMACIÓN E MATRÍCULA: Cámara de Comercio, Industria, Servizos e Navegación da Coruña. C/Alameda, 30, 1º. A Coruña. formacion@camaracoruna.com. Tel: 981 216 072.
LUGAR DE IMPARTICIÓN: Centro de Formación da Cámara. C/Mendaña de Neyra, 3 (lateral ao Recinto Feiral de EXPOCORUÑA).

Related Post