FUNDACIÓN CEL: CURSO FINANZAS PARA NON FINANCEIROS
- Posted by Marketing
- Posted in Desenvolvemento de NegocioFinanzasFormación
Dentro da programación formativa que a Fundación CEL impartirá en próximas datas co apoio da Rede Eusumo e a Secretaría Xeral de Emprego da Xunta de Galicia para 2018 inscríbese o Curso Finanzas para non Financeiros, unha oportunidade para que emprendedores interesados en fórmulas cooperativas poidan recibir formación básica nesta materia.
Esta acción formativa impartida por ARXON ESTRATEGIA, organízase co obxectivo de achegar coñecementos e claves efectivas para a adecuada interpretación económica e financeira dunha empresa, está especialmente dirixida a emprendedores do ámbito da economía social, cooperativas e sociedades laborais e terá lugar entre os días 9 e 12 de xullo de 2018, ao finalizar o Curso de Ferramentas Imprescindibles para o Emprendedor Cooperativo, en horario de 16:00 a 20:00 h.
Entre outras cuestións, abordaranse os seguintes contidos:
- Introdución. As finanzas, visión estratéxica.
- Autodiagnose. Como analizar a miña propia empresa.
- Dinámica da conta de resultados. A análise económica.
- Reflexo de conta de perdas e ganancias sobre a planificación financeira e tesourería.
- Os investimentos e amortizacións. Efecto financeiro e reservas.
- Análise económica de sensibilidade financeira. Pódome endebedar?
- Plan de tesourería e plan fiscal. Ferramentas de xestión diaria para non expertos.
- Ferramenta clave: o estudo económico – financeiro.
A asistencia é gratuíta pero as prazas son limitadas, polo que se cubrirán por rigorosa orde de inscrición, que pode tramitarse na seguinte ligazón:
programa-curso-finanzas-para-no-financieros
Entregarase diploma acreditativo de asistencia e aproveitamento. Para máis información no número de teléfono 982 28 41 50 ou a través da dirección formacion@fundacioncel.org.