Fitos históricos Arxon Estrategia
- Posted by admin
- Posted in Consultora de Cabeceira
2006-2008
INICIAMOS OS SERVIZOS DE DIRECCIÓN DE TRANSICIÓN
Desenvolvemos proxectos de dirección externa para diferentes tipos de empresas aproveitando a experiencia de máis de 15 anos desempeñando posicións como Director Xeral en diversas compañías.
2009
PROVEDORES DE SERVIZOS A EMPRESAS COMO CAIXABANK E BP OIL
Desenvolvemos proxectos formativos e de selección de persoal, así como desenvolvemento de programa de fidelización comercial.
2010
CONSTITUCIÓN DA SOCIEDADE MERCANTIL
Prestando servizos de consultoría integral para empresas galegas e formación para todo tipo de institucións públicas e privadas: Concellos, Deputación de Coruña, Cámaras de Comercio, Confederación de Empresarios de Galicia, Xunta de Galicia.
2011
REDE XIANA COA DEPUTACIÓN DA CORUÑA
Asesoramento para emprendedores do Programa Galego de Emprendemento xuvenil. (Dúas edicións).
2012
ALCANZAMOS PRESENZA EN TODA A COMUNIDADE GALEGA E FÓRA DE GALICIA
Os nosos proxectos distribúense en toda Galicia, e noutras provincias como Madrid, Toledo e no estranxeiro: Angola, Rusia, Portugal, etc.
2014
CONSULTORA COLABORADORA NO PROXECTO PROPULSA A TÚA PEME
Prestando servizos de consultoría estratéxica a 32 empresas participantes, desenvolvendo a súa estratexia e Modelo de Negocio.
CONSULTORES ADXUDICATARIOS DO PROGRAMA RE-ACCIONA 2014-2015 NA ÁREA DE FINANZAS.
Consultora adxudicataria mellor valorada polas empresas-clientes participantes no Programa Re-Acciona de IGAPE.
2015
PROGRAMA INNOCÁMARAS
ARXON ESTRATEXIA é asesor homologado polo Consello Superior de Cámaras de Comercio para a elaboración de Plans de Negocio Innovadores, así como o acompañamento para a posta en marcha da redefinición do negocio.
Colaboradores permanentes en proxectos de formación técnico-empresarial.
GAÑADORES DOS CONCURSOS EN IGAPE COMPETITIVIDADE E IGAPE INNOVA
Consultora adxudicataria do programa Igape (Xunta de Galicia) Competitividade RE-ACCIONA na área de finanzas, Optimización Financeira e Mellora do Circulante.
Consultora adxudicataria do programa de Desenvolvemento de Lonxa de Investimento e Financiamento no programa transfronteirizo Galicia-Portugal ACEINT (IGAPE – Xunta de Galicia e BIC Minho, Universidade de Santiago) para proxectos de innovación e TIC.
2016-2018
GAÑADORES DO CONCURSO RE-ACCIONA DE IGAPE COMPETITIVIDADE
De novo, e xa desde 2014, consultora adxudicataria do programa Re-Acciona 2016-2018 na área de finanzas, Optimización Financeira e Mellora do Circulante. Totalízanse máis de 190 proxectos, cunha cifra record de servizos prestados.
2018
APERTURA DA SEDE EN LUGO DE ARXON ESTRATEXIA
No afán de crecer en Galicia, en abril de 2018 abrimos nova sede de Arxon Estratexia na cidade de Lugo, para estar máis preto das empresas familiares.
2019
GAÑADORES DO PREMIO CANTÁBRICO EXCELENTE DO SUPLEMENTO
O galardón recoñece o traballo realizado no ámbito do servizo de consultoría da empresa familiar, estratexia e finanzas.
NOVA SEDE DE ARXON ESTRATEXIA EN SANTIAGO DE COMPOSTELA.
Debido ao crecemento do equipo de Arxon Estratexia, con novas incorporacións, trasladámonos a unha oficina en propiedade na localidade de O Milladoiro (Ames) a poucos minutos da capital, Santiago de Compostela.
CONSULTORA ADXUDICATARIA DO PROGRAMA RE-ACCIONA 2019-2021
Na área de Finanzas prestando o servizo de Mellora da Xestión Financeira e Procura do Financiamento.