
LÁNZATE A EMPRENDER: CURSO PARA EMPRENDEDORES E EMPRESARIOS CON PROXECTOS DE RECENTE CREACIÓN

- Posted by Marketing
- Posted in Desenvolvemento de NegocioFormación
LÁNZATE A EMPRENDER: novo programa organizado por AJE CORUÑA e o CONCELLO DA CORUÑA.
Dirixido a emprendedores ou empresarios con proxectos de recente creación, co obxectivo de entender a importancia dun deseño estratéxico empresarial e coñecer as áreas da empresa que debe desenvolver todo emprendedor da man de 13 empresarios expertos en diferentes sectores.
ARXON ESTRATEXIA participa en “LÁNZATE A EMPRENDER” asesorando aos participantes na área estratéxica e desenvolvemento de negocio.
Esta formación realizarase os venres de 16.30 a 21.00 horas e os sábados de 09.00 a 13.30 horas nos meses de Novembro e Decembro no Viveiro de Empresas ?Accede Papagaio? (Rúa Hospital,19. A Coruña).
As persoas interesadas en participar, deben inscribirse chamando a AJE CORUÑA ao 981.91.56.35 ou escribindo a info@ajecoruna.com.
O programa é GRATUÍTO, xa que está bonificado ao 100% polo Concello dá Coruña.