
METODOLOXÍA ARXON ESTRATEGIA

- Posted by admin
- Posted in Consultora de CabeceiraDesenvolvemento de Negocio
Neste arranque de curso tan particular que nos toca vivir, queremos aproveitar para achegar o noso modo de entender os negocios e o noso facer na dirección externa dunha empresa ou proxecto.
A nosa metodoloxía de traballo para a mellora na empresa baséase nun sistema de apoio e acompañamento vertebrado en catro fases:
DIAGNOSE COMPARTIDA SOBRE O TERREO. Para poder darche a mellor solución para o teu negocio, primeiro temos que coñecernos, establecer un punto de partida. Nunha reunión inicial falaremos sobre os problemas e necesidades que presenta a túa empresa.
COÑECEMENTO PRÁCTICO DA EMPRESA. Definiremos as necesidades do teu negocio, os obxectivos que se queren acadar. Determinaremos conxuntamente unha orde de prioridades e actuaremos tendo en conta que é o máis importante para ti e para a túa empresa.
PLAN DE MELLORA. Mediante un plan áxil e eficaz poñemos en marcha os procesos necesarios para conseguir os teus obxectivos.
ACOMPAÑAMENTO OPERATIVO NA EXECUCIÓN. Estamos ao teu lado para resolver as túas dúbidas ou solucionar os problemas que se presentan ao longo do desenvolvemento do proxecto.
Se ves que podemos ser compatibles no modo de traballar e/ou necesitas un cambio no modo de xestionar a túa empresa chamamos ao 881 99 89 25.