NOVA CONVOCATORIA PROGRAMA RE-ACCIONA IGAPE

img

Arxon Estrategia: somos a consultora que presta o servizo de Mellora da Xestión Financeira e Búsqueda de Financiación do PROGRAMA  RE-ACCIONA 2016-2018 (IGAPE-XUNTA DE GALICIA).

Todas as empresas, sexa cal sexa o seu sector e situación concreta de evolución, deben exporse a unha revisión financeira para alcanzar tres obxectivos:

  • Identificar riscos financeiros e patrimoniais, presentes e futuros, e mesmo derivacións fiscais asociadas.
  • Planificar a súa evolución financeira, segundo o seu proxecto futuro.
  • Definir ferramentas para control da xestión desde a dirección, no seu papel predictivo das necesidades operativas e estratéxicas da empresa.

Desde o Programa  Re-Acciona, no Lote de Optimización Financeira,  Arxon Estratexia axuda ás empresas galegas a alcanzar os devanditos retos.

  • Vendes cada vez máis e gañas menos? Quizais teña cabida unha revisión da rendibilidade da explotación das diferentes liñas de negocio.
  • Consideras que necesitas mellorar ou aumentar o control do teu negocio? A través de sinxelas ferramentas adaptadas, como o Plan de Tesourería ou Orzamento de Ingresos e Gastos pode levar a cabo unha xestión preventiva.
  • Tes numerosos clientes de dubidoso cobro ou incobrables? Cunhas políticas financeiras comerciais adecuadas este risco reducirase ao máximo.
  • A xestión coa túa entidade bancaria habitual volveuse moi difícil? Delega a negociación para ese refinanciamento que se resiste.
  • Desexas tomar as rendas directivas do teu negocio? Deseñamos un plan de formación práctico e enfocado ás necesidades do teu negocio.

Se algunha destas cuestións son do teu interés,  RE-ACCIONA está deseñado para ti.

En que consiste o Servizo de Optimización Financeira?

Trátase dun Servizo de Asesoramento Práctico, sobre o terreo e para a Dirección, no ámbito financeiro dirixido á toma eficiente de decisións desde a empresa.

Como funciona o servizo?

Iníciase mediante un proceso compartido coa empresa participante no programa, de análise e deseño de accións, en función da situación existente e que dá paso a un plan de actuación práctico, específico e adaptado á problemática concreta da empresa.

Este plan impleméntase da man da Dirección, perseguindo os obxectivos concretos marcados.

O fin último, é que o coñecemento quede na empresa, para que se poidan dar os seguintes pasos de forma autónoma por parte da Dirección.

É por iso que o proceso inclúe en moitas ocasións acciones de formación específica.

Ademáis, desenvolveranse traballos na casa do Cliente con persoal de apoio da consultora de forma permanente e durante a execución do proxecto, achegando medios para a súa realización e liberando de tarefas á organización da empresa.

Cal é o alcance das actuacións?

Detallamos a continuación algunhas das accións concretas de mellora que contempla o servizo que presta  Arxon Estrategia en  Re-Acciona:

  • Procura de financiamento tradicional e alternativo.
  • Negociación e xestión bancaria segundo situación específica do Cliente.
  • Revisión e mellora de procesos financeiros e implantación de novos procedementos necesarios.
  • Identificación de riscos operativos e minimización ou eliminación.
  • Reestruturación financeira para viabilidade do negocio.
  • Valoración da empresa ou unidade de negocio.
  • Formación específica “ in Company” en áreas de xestión administrativo-financeira.
  • Implantación de ferramentas de control e xestión financeira.
  • Revisión fiscal para identificación de continxencias.

Que beneficios poden obter as empresas participantes?

  1. Potencia a viabilidade económica e financeira da empresa.
  2. Adecuación específica a cada empresa de servizos de consultoría financeira.
  3. Desenvolvemento dunha dirección máis eficiente con visión financeira para a toma de decisións.
  4. Establecemento de sistemas de información e control sobre a función financeira.
  5. Transmisión de coñecementos teórico-prácticos á empresa derivados dunha implantación do plan de actuación traducido nunha aprendizaxe adecuada ás necesidades de cada compañía.

Esta nova convocatoria está aberta a inscricións ata o día 29 de Decembro.

 Nas seguintes ligazóns, obterás información detallada sobre o programa e tamén para realizar a inscrición. Aínda que se quedas con algunha dúbida, estamos á túa disposición para darche a información que necesitas:

PROGRAMA RE-ACCIONA IGAPE

RE-ACCIONA/OPTIMIZACIÓN FINANCEIRA

SOLICITUDES

 

Related Post