
¡Nova Convocatoria Programa Re-Acciona Igape!

- Posted by Marketing
- Posted in Desenvolvemento de NegocioDirección ExternaFormación
No 2012 o Instituto Galego de Promoción Económica, puxo en marcha o I Edición do Programa Re-Acciona.
Trátase dun Esquema de servizos nado para capacitar ás pemes e traballadores autónomos ante os novos retos do mercado, axudándoos a lograr os seus obxectivos de crecemento e mellora, a través da incorporación de novos procesos, ferramentas e coñecementos, sinxelos e prácticos, sempre orientados á aprendizaxe.
Arxon Estratexia somos a consultora adxudicataria do servizo de Optimización Financeira e Mellora do Circulante, de igual maneira que na edición do ano anterior, na cal fomos designados como a consultora mellor valorada de todo o Programa Re-Acciona.
En que consiste o Servizo de Optimización Financeira?
Trátase de Servizos de asesoramento de alto nivel no ámbito financeiro e na xestión de tesouraría.
Dirixido á toma eficiente de decisións desde a empresa, a través de un proceso compartido de análise e deseño de accións, e de formación específica continuada.
Algunhas das accións concretas de mellora que contempla o Servizo que presta Arxon Estratexia, serían:
- Procura de financiamento tradicional e alternativo
- Negociación bancaria
- Revisión de procesos financeiros
- Identificación de riscos operativos
- Reestruturación financeira do negocio
- Valoración da empresa, estudos financeiros sectoriais e da competencia
- Formación en xestión financeira
- Etc.
Que beneficios achega ás empresas participantes?
Potenciar a viabilidade da empresa, mediante o desenvolvemento de unha dirección eficiente con visión financeira para a toma de decisións, o establecemento de sistemas de información e control sobre a función financeira e a transmisión de coñecementos teórico-prácticos á empresa.
Enlace do Programa Re-Acciona de Igape:
http://reacciona.igape.es/index.php/re-acciona/
A inscrición nesta primeira edición é ata o día 16 de setembro de 2016
Todas as empresas interesadas en participar no Servizo de Optimización Financeira, poden porse en contacto connosco e xestionariamos a solicitude de inscrición en Igape.