PEL PEMES CREACIÓN E AMPLIACIÓN 2019

img

Axudas á contratación para a creación e ampliación do cadro de persoal de pequenas, medianas empresas e microempresas.

 

FINALIDADE

A finalidade destas axudas á contratación consiste en apoiar ao tecido empresarial para a contratación laboral de persoas en situación de desemprego, para a creación e ampliación do cadro de persoal de pequenas, medianas empresas e microempresas en calquera das modalidades xurídicas existentes, favorecendo aquelas actividades económicas recollidas na Estratexia Española de Activación para o Emprego 2017-2020, consideradas con mellores perspectivas.

 

DESTINATARIOS

Estas axudas van dirixidas a pequenas, medianas empresas, microempresas e persoas autónomas promotoras de iniciativas empresariais con ánimo de lucro e que, con anterioridade á data de publicación da convocatoria da axuda, deben reunir os seguintes requisitos:

1. Domicilio fiscal nun concello da provincia da Coruña de menos de 20.000 habitantes
2. Ter actividade económica con ánimo de lucro
3. A actividade da empresa, definida nos seus estatutos, ou a do autónomo, ha de estar relacionadas cos perfís profesionais da persoa contratada.

 

GASTOS SUBVENCIONABLES

Os gastos subvencionables comprenden unicamente os custos salariais, incluídas as cotas á Seguridade Social

 

CONTÍA

Cada empresa poderá solicitar a subvención para a contratación dun/unha traballador/a durante un período de 12 meses, durante os cales a subvención cubrirá como máximo o 75% dos custos salariais totais da persoa traballadora. A contratación terá unha duración mínima de 12 meses. O contrato poderá ter unha duración superior a 12 meses, pero a subvención cubrirá unicamente os 12 primeiros meses do contrato.

Related Post