PLANIFICACIÓN FINANCEIRA E XESTIÓN ORZAMENTARIA

img
Nos próximos días, do 15 ao 18 de xuño Arxon Estratexia impartirá de man da Cámara de Comercio da Coruña unha formación enfocada á xestión financeira do negocio orientada a empresarios, xerentes, directivos, persoal técnico e de administración, así como interesados en xeral en aumentar os seus coñecementos de finanzas.
Os contidos para impartir son:
  • Decálogo da planificación financeira nunha peme.
  • Como planificamos. A estrutura do plan financeiro.
  • Preparación de balances previsionales.
  • Elaboración de conta de resultados previsional e orzamento.
  • Plan de investimentos e de financiamento.
  • Estudo de desviacións. Quen, como, cando. E sobre todo, para que.
  • Operativa da execución.

A actividade formativa será eminentemente práctica para a interiorización dos diferentes conceptos e baseada en casos reais de empresas galegas.

En Arxon Estratexia un dos nosos alicerces é a formación tanto in company como de man de colaboradores como a Cámara de Comercio da Coruña á que agradecemos que conte connosco nesta ocasión.

Para inscribirse diríxanse a formacion@camaracoruna.com ou nos teléfonos 981 918 135 / 981 216 072.

Máis información na seguinte ligazón: Cámara Comercio A Coruña

Related Post