PRÉSTAMOS IFIS

img

A Xunta de Galicia e o IGAPE poñen a disposición das PEMES, autónomos e emprendedores o programa IFI (Instrumentos Financeiros Innovadores), co obxectivo de mellorar a competitividade das PEMES e a innovación, así como de potenciar a investigación e o desenvolvemento tecnolóxico.

Trátase dunha serie de préstamos directos que permiten o financiamento das empresas para acadar os obxectivos anteriormente mencionados. As cantidades de préstamo van desde os 50.000 € ata un millón para amortizar entre 7 e 12 anos.

DIFERENTES LINEAS DE PRÉSTAMO

O programa IFI divídese en catro subgrupos diferenciados:

  • IFI Industria 4.0: Pretende apoiar financeiramente a pemes que desenvolvan a súa actividade no ámbito da nova industria e necesiten financiar investimentos en activos fixos e o capital circulante estrutural vinculados a un proxecto de investimento, priorizando tecnoloxías relacionadas coa fábrica do futuro e o concepto Industria 4.0 (produtos intelixentes, Big Data, robótica…).
  • IFI Innova: Busca apoiar financeiramente proxectos innovadores de pemes, financiando activos tanxibles e intanxibles e gastos de desenvolvemento e innovación. Priorizando o impulso e promoción de actividades de I+i lideradas polas empresas, apoio á creación e consolidación de empresas innovadoras e á compra pública innovadora.
  • IFI Emprende: Busca apoiar financeiramente a pemes promovidas por emprendedores, facilitando o aproveitamento económico de novas ideas e impulsando a creación de novas empresas, para que acometan os investimentos necesarios para a posta en marcha do seu negocio en Galicia.
  • IFI Relanzamento: Dirixidos a apoiar financeiramente a empresas que tras ou durante un proceso de refinanciamento ou reestruturación que lles dificulta o acceso ao financiamento bancario, necesiten investimentos en activos fixos e en capital circulante estrutural vinculado ao investimento, para mellorar a súa rendibilidade e recuperar mercado.

BENEFICIARIOS

Como comentamos anteriormente, estes instrumentos financeiros están dirixidos a pequenas e medianas empresas pero tamén, no caso da liña IFI Industria 4.0, sería accesible para autónomos que sexan Peme. Deben ter centro de traballo en Galicia.

PRAZO SOLICITUDES

 Poderase solicitar calquera das súas modalidades ata o 31 de decembro de 2018, a non ser que se esgote o crédito orzamentario para a modalidade de crédito elixida.

LIGAZÓNS DE INTERÉS:

CADRO RESUMEN IGAPE

RESOLUCIÓN AXUDAS

 

Related Post