INVOLUCRADOS NA TÚA EMPRESA

O teu éxito define o noso. Entendemos o teu negocio como propio, por iso os teus obxectivos son os nosos.

Temos unha maneira de entender a consultoría que nos leva a estar moi preto de ti e do teu negocio. Necesitamos estar dentro para ver e entender todos os aspectos que determinan a empresa.

PROGRAMA RE-ACCIONA DE IGAPE

Prestamos o Servizo de Mellora da Xestión Financeira e Procura de Financiamento do Programa Re-Acciona de IGAPE. Recibe asesoramento en diferentes áreas estratéxicas e operativas da túa empresa.

Asesoramento de alto nivel no ámbito financeiro e da xestión de tesourería. Toma eficiente de decisións dende a empresa. Proceso compartido de análise e deseño de accións. Desenvolvemento técnico do persoal directivo e mandos.

METODOLOXÍA

COÑECERTE

Cada empresa é única

PROPOÑERCHE SOLUCIÓNS

Fixemos o rumbo

POÑERNOS EN MARCHA

Pasemos á acción

ACOMPAÑARCHE NA TRAVESÍA

Acompañámosche no día a día

SERVIZOS

Destacamos os principais servizos que prestamos.

CONSULTORÍA EMPRESAS FAMILIARES

Impulsamos a substitución xeracional de forma natural, permitindo a continuidade e crecemento da túa empresa. Adaptámonos á cultura particular de cada Familia Empresaria.

CONSULTORÍA FINANCIERA

A través dunha diagnose enfocada, identificamos os problemas, as súas causas e as necesidades financeiras. Deseñamos solucións de financiamento, control de xestión e de riscos e implantamos ferramentas específicas para a túa empresa.

CONSULTORÍA ESTRATÉXICA E EMPRESARIAL

Deseñamos plans específicos para o desenvolvemento estratéxico de proxecto, con especial enfoque na mellora da execución da estratexia comercial, adaptando as actividades e orientándoas a alcanzar maiores vendas e beneficios.

DIRECCIÓN EXTERNA (INTERIM MANAGEMENT)

Prestamos un servizo de alto nivel de acompañamento directivo, dirección externa ou de transición. Contarás cun executivo experto no día a día para deseñar e executar a estratexia, plans de negocio, organización interna e optimización da eficiencia e rendibilidade da empresa.

CONSULTORÍA FISCAL E MERCANTIL

Levamos a cabo unha revisión ampla do cumprimento da lexislación enfocada á túa empresa, especialmente desde o punto de vista fiscal, contable e laboral. Revisamos as continxencias Fiscais e a Responsabilidade Patrimonial.

COMERCIAL

Definimos a estratexia comercial da túa empresa e axudámosche a facela realidade. Acompañámosche no deseño e execución do Plan Comercial, definindo a política funcional. Aliñamos ao equipo de vendas cos obxectivos da túa empresa.

XESTIÓN MARCAS COMERCIAIS

Encargámonos de solicitar a renovación da túa marca ou nome comercial avisándoche do vencemento con tempo suficiente. Redactamos e solicitamos o rexistro de marca e/o nome comercial ante a Oficina Española de Patentes e Marcas (OEPM)

RECURSOS HUMANOS

Axudámosche a seleccionar e a atopar o talento que marque a diferenza dentro da túa organización. Buscamos subvencións ou axudas para a contratación dos teus empregados.

FORMACIÓN EMPRESARIAL

Deseñamos plans de formación de persoal, preparados “ad hoc” para o teu persoal, xa sexa nova incorporación ou capacitación para o posto. Realizamos programas modulares para diferentes organizacións.

CONSULTORÍA XESTIÓN OPERATIVA

Desde o noso servizo online podes facer diversas consultas sobre a túa empresa, asesorarémosche de forma sinxela no menor tempo posible. E se precisas máis axuda, estaremos encantados de atenderche en persoa.

EMPRESAS FAMILIARES

 

 


RELEVO XENERACIONAL

Damos continuidade na xestión axudando ás novas incorporacións familiares para afrontar as súas responsabilidades, facilitando de forma natural a substitución na xestión da empresa e a continuidade do crecemento do proxecto.

XESTIÓN DE CONFLITOS

Os conflitos internos son a gran ameaza da empresa. Diferentes criterios, falta de comunicación ou visión non compartida precisan dunha mediación con visión empresarial para canalizar o reto familiar, coidando da Familia Empresaria, o proxecto común e os seus valores.

ESTRUTURA SOCIETARIA E FISCAL

As características especiais da empresa familiar precisan unha planificación adecuada para deseñar ou redefinir a estrutura societaria máis idónea desde a fiscalidade, a protección patrimonial e a cobertura de todos os intereses da Familia Empresaria.

DIRECCIÓN EXTERNA

En diferentes etapas do desenvolvemento da familia empresaria é necesario apoiar ao equipo directivo, un "arxón" ou titor que lle axude a alcanzar a súa madurez na xestión. Ofrecemos unha visión profesional de máis de 15 anos de alta dirección, ao nivel de grandes grupos empresariais a un custo asumible.

OS NOSOS CLIENTES

  • img
  • img
  • img
  • img
  • img
  • img
  • img
  • img
  • img
  • img
  • img
  • img

AS NOSAS OFICINAS

NON O VEXAS IMPOSIBLE

Por moi difícil que sexa o teu reto, estamos adoitados axudar aos nosos clientes a alcanzalos. Consúltanos sen compromiso. Responderémosche.