SUBVENCIÓN PLAN IMPULSA AO COMERCIO DA CONSELLERÍA DE ECONOMÍA, EMPREGO E INDUSTRIA

img

O Plan estratéxico de Impulso ao comercio de Galicia 2015-2020 ten entre os seus retos establecer un novo modelo de comercio intelixente que sitúe ao cliente no centro da súa estratexia aproveitando todos os recursos á súa disposición.

Un dos obxectivos do Plan é impulsar a modernización do comercio galego prestando especial atención á imaxe, á presentación do produto e á expansión comercial.

O principal obxectivo é a innovación, a dixitalización e a implantación de novas fórmulas de comercialización e expansión do sector comercial e artesanal.

Co que esta axuda é para impulsar:

– A transformación ou mellora no campo dixital do sector comercial e artesanal.

– Modernización integral dos locais comerciais.

– A expansión dun sector comercial que está a evolucionar e transformarse para satisfacer os cambios que a clientela demanda e testeo de novos mercados, mediante a apertura dun novo establecemento e/ou mediante a posta en marcha de proxectos piloto “pop up” e “concept store”.

Ademais, mediante esta orde convócanse axudas para impulsar o investimento en equipamentos propios da actividade comercial e artesanal, que implique unha maior innovación nos procesos de deseño e calidade do produto final.

Poderán ser beneficiarias das subvencións:

Comerciantes detallistas:

  • Que desenvolvan a súa actividade comercial en Galicia. No caso de comerciantes que realicen a actividade comercial en liña deberán ter o domicilio social na comunidade autónoma de Galicia.
  • Peme que empreguen menos de dez traballadores e non teñan a consideración de gran establecemento comercial segundo a normativa aplicable. Para as actuacións de expansión comercial previstas que empreguen menos de cincuenta traballadores e non teñan a consideración de gran establecemento comercial segundo a normativa aplicable. No caso de actuacións de posta en marcha de expansión comercial, deberán exercer a actividade comercial de forma ininterrompida nos últimos dous anos, a contar a partir da data de fin do prazo de presentación de solicitudes.
  • Que desenvolvan a actividade comercial nun establecemento comercial cunha superficie de exposición e venda igual ou inferior a 300 metros cadrados.

 

ARXON ESTRATEXIA axúdache a presentar a subvención, toda a documentación necesaria e subsanaciones se fose preciso para que teñas un PARTNER que pensa nas túas necesidades, sen ter que dedicarlles tempo ás complicadas memorias e ao estudo das convocatorias. Desde 500 euros, podemos axudarche.

 

Enlace as bases

Related Post