XORNADA: COMO ACTUAR ANTE UNHA INSPECCIÓN FISCAL
- Posted by Marketing
- Posted in FiscalidadeFormación
Arxon Estrategia impartirá na Confederación de Empresarios de Lugo a xornada informativa sobre ‘Como actuar ante unha inspección fiscal’, que terá lugar na súa sede central en Lugo, o día 27 de setembro próximo, mércores, en horario de 19:00 a 20:30 horas.
Coa finalidade de analizar as diferentes cuestións a ter en conta ante unha actuación inspectora, a CEL conta con Arxon Estrategia como entidade colaboradora na organización deste encontro, no que abordaremos cuestións como dereitos da empresa inspeccionada, áreas de risco ou prazos de actuación, entre outras.
Igualmente, presentarase a actual convocatoria do Programa Re-acciona do Igape, que ofrece diferentes servizos de apoio a competitividade das pemes galegas.
O programa completo pode descargarse en pdf ao final desta entrada.
A asistencia a esta xornada é gratuíta, aínda que as prazas son limitadas, polo que se cubrirán por rigurosa orde de inscrición (dando preferencia a empresas asociadas á CEL). A reserva de praza pode tramitarse na seguiente ligazón:
https://docs.google.com/forms/d/e/1FAIpQLSfS9zfERbtBOjYYIjH53ghLrDzKehaz_QOKI7L2UCmPZWPOdw/viewform