Xornada: Como actuar ante unha inspección fiscal

img

O martes día 12/09/2017, Rafael Martínez-Carrasco, socio director de Arxon Estratexia, impartirá unha xornada na Asociación da área Empresarial do Polígono do Tambre acerca de “Como actuar ante unha inspección fiscal”

Descrición:

Acción formativa dirixida a proporcionar unha introdución á maneira na que debemos proceder ante unha inspección fiscal.

Contidos da xornada:

  1. Identificación do actuario e procedemento. Incumprimento: anulación do proceso.
  2. Aspectos a controlar para evitar a cualificación de Resistencia á actuación inspectora.
  3. Cocientes aplicables pola Inspección nas nosas contas anuais.
  4. Áreas de risco: aprovisionamentos, existencias, persoal, ingresos de explotación e financeiros, gastos de explotación e financeiros, operacións vinculadas, etc.
  5. Os dereitos da empresa inspeccionada.
  6. Os novos prazos de actuación inspectora.
  7. Presentación do Programa Re-Acciona de Igape.

 
Data: 12/09/2017

Horario: 9:30 a 11:00

Lugar: Asociación Área Empresarial do Tambre (Vía Edison, 1 Polígono Industrial do Tambre, Santiago de Compostela)

Inscricións: aepit@poligonotambre.com

Teléfono de contacto: 981.55.28.50

Related Post