Xoves estratéxicos coa Cámara de Comercio de Santiago de Compostela

img

Nos próximos días, 18, 25 de xuño e 2 de xullo estaremos en webinar coa Cámara de Comercio de Santiago de Compostela para tratar de achegar novas formas de xestión empresarial para a etapa actual e os meses vindeiros, modos de financiamento e axudas públicas e para a dixitalización do noso negocio.

Nesta primeira sesión, centrarémonos nos seguintes puntos de traballo:

  • Os riscos da nosa empresa. Que debemos analizar para afrontar o noso futuro?

Revisaremos as principais áreas da nosa empresa para identificar aqueles puntos de maior risco para as mesmos: persoas, área económica financeira, comercialización ou estratexia empresarial entre outros.

  • Buscando liquidez: financiamento vs axudas. Que hai que preparar internamente antes de buscar financiamento ou axudas, problemas pasados ou retos futuros?

Centrarémonos na avaliación interna para nunha sesión posterior centrarnos na procura de fondos.

  • Metodoloxía e Ferramentas sinxelas específicas para controlar a evolución futura durante os próximos 12 meses do meu negocio.

Principais indicadores para o control do negocio e ferramentas que poidan axudarnos.

Trátase dun webinar onde poderemos compartir experiencias, dúbidas e comentarios varios sobre a nova normalidade para este ano.

Grazas á Cámara de Comercio de Santiago de Compostela por confiar en nós para levar a cabo este traballo.

Related Post