INVOLUCRADOS NA TÚA EMPRESA

O teu éxito define o noso. Entendemos o teu negocio como propio, por iso os teus obxectivos son os nosos.

Temos unha maneira de entender a consultoría que nos leva a estar moi preto de ti e do teu negocio. Necesitamos estar dentro para ver e entender todos os aspectos que determinan a empresa.

SERVIZOS

Destacamos os principais servizos que prestamos.

CONSULTORÍA EMPRESAS FAMILIARES

Aplicamos unha consultoría especifica porque os problemas deste tipo de empresas necesitan unha maneira adecuada de afrontalos debido ao seu carácter familiar.

CONSULTORÍA INTEGRAL DE CABECEIRA

Todo o que un empresari@ pode necesitar no seu día a día. Servizo personalizado de asesoramento integral para a Dirección.

CONSULTORÍA FINANCIEIRA

Asesoramento Integral, Planificación e Xestión Financeira e Investimentos e de Tesourería, Negociación con entidades financeiras, Control e Xestión de débeda, Control de Riscos.

CONSULTORÍA FISCAL E MERCANTIL

Realización de Due Dilligence ou revisión sobre a situación fiscal, contable e laboral do negocio, identificando continxencias fiscais e responsabilidade patrimonial.

FORMACIÓN EMPRESARIAL

Elaboración de proxectos, cursos formativos e/ou selectivos dirixidos a empresas. Plans de Formación individuais para todo tipo de perfís directivos e mandos intermedios, con especialización en Coaching para empregados familiares futuros directivos da empresa.

CONSULTORÍA DE XESTIÓN OPERATIVA

Desenvolvemento Comercial, Organización Lean. Elaboración e Implantación de Sistemas de Planificación e Control. Desenvolvemento da Política Comercial. Formación "in company".

COMUNICACIÓN EMPRESARIAL E MARKETING

Deseñamos plans para escoitar ao cliente, identificar que necesita e como facer visible á empresa, alcanzar maiores vendas e beneficios potenciando as fortalezas da empresa fronte ao seu mercado.

CONSULTORÍA XURÍDICA

Servizos Xurídicos con especialidades en Dereito Civil e Mercantil, para garantir a cobertura en todas as necesidades a título empresarial (operacións societarias) ou persoal dos nosos clientes, por exemplo en preparación de protocolos, testamentos, etc.

EMPRESAS FAMILIARES

RELEVO XENERACIONAL

Damos continuidade na xestión axudando ás novas incorporacións familiares para afrontar as súas responsabilidades, facilitando de forma natural a substitución na xestión da empresa e a continuidade do crecemento do proxecto.

XESTIÓN DE CONFLITOS

Os conflitos internos son a gran ameaza da empresa. Diferentes criterios, falta de comunicación ou visión non compartida precisan dunha mediación con visión empresarial para canalizar o reto familiar, coidando da Familia Empresaria, o proxecto común e os seus valores.

ESTRUTURA SOCIETARIA E FISCAL

As características especiais da empresa familiar precisan unha planificación adecuada para deseñar ou redefinir a estrutura societaria máis idónea desde a fiscalidade, a protección patrimonial e a cobertura de todos os intereses da Familia Empresaria.

DIRECCIÓN EXTERNA

En diferentes etapas do desenvolvemento da familia empresaria é necesario apoiar ao equipo directivo, un "arxón" ou titor que lle axude a alcanzar a súa madurez na xestión. Ofrecemos unha visión profesional de máis de 15 anos de alta dirección, ao nivel de grandes grupos empresariais a un custo asumible.

OS NOSOS CLIENTES

METODOLOXÍA

DIAGNOSIS

Identificamos os problemas, da man do equipo da empresa. Imos axudar a que mellore o seu traballo, o seu negocio.

PLAN DE ACCIÓN

Desenvolvemento e execución das accións necesarias. Implicamos a todo o equipo. Son os que fan realidade os proxectos e os cambios

ACOMPAÑAMENTO

Traballamos sobre o terreo, afrontando as decisións diarias e as dificultades que a Dirección se atopa para chegar aos obxectivos.

COÑECEMENTO NA EMPRESA

Queremos axudar a que o noso cliente aprenda, mellore e se volve necesitarnos, alí estaremos.

A NOSA OFICINA

NON O VEXAS IMPOSIBLE

Por moi difícil que sexa o teu reto, estamos adoitados axudar aos nosos clientes a alcanzalos. Consúltanos sen compromiso. Responderémosche.