REINVENTÉMONOS
- Posted by admin
- Posted in Consultora de CabeceraEstrategia
En poucas cuestións estaremos tan de acordo como que, tras a presente crise, tocará revisar a estratexia dos nosos negocios, o contacto habitual cos nosos clientes cambiará, a relación con empregados tampouco será igual, a responsabilidade cara á sociedade manifestarase dun maior modo que ata o de agora, etc.
A gran pregunta ¿en que sentido afectará todo isto á miña empresa, ao meu modelo de negocio ou a min mesmo? Pois diríamos en Galicia… DEPENDE! Desde Arxon Estratexia queremos facer que cada empresari@ reflexione sobre o seu propio negocio.
¿Como?
Axudándovos a pensar en estratexias e tácticas en diferentes ámbitos, posto que a formación é un alicerce crave na reinvención, cada semana farémosvos participes de vídeos/ posts de xestión financeira, estratéxica, de comunicación, estratexias legais, dixitalización, competitividade, etc.
Esperando sexan de axuda para os vosos negocios e empresas, non esquezades subscribirvos á nosa newsletter para estar ao tanto. Ánimo e grazas.