
AXUDAS A DIXITALIZACIÓN INDUSTRIA 4.0

- Posted by Marketing
- Posted in Estratexia
A Xunta de Galicia, a través de IGAPE, puxo en marcha un plan para a dixitalización das Pemes galegas no marco da Axenda de Competitividade Industrial, Galicia: Industria 4.0, buscando a senda da transformación da industria cara a modelos tecnolóxicos avanzados, implementando medidas que fomenten un cambio de orientación xeral nas empresas existentes para favorecer modelos de negocio baseados na innovación e na tecnoloxía.
Obxectivos da axuda
Estas axudas van destinadas á posta en marcha de proxectos cuxa finalidade sexa o soporte de procesos sectoriais multiempresa, como poden ser ordes de fabricación distribuída, sistemas de facturación, procesos entre un líder industrial cara ás pemes que conforman a súa cadea de valor e outros que impliquen necesariamente a interconexión dixital de procesos entre unha peme galega e outras empresas ou entre dúas ou máis pemes galegas.
Tipos de proxectos
Poderán ser de dúas modalidades:
- Proxectos colectivos: nos que un grupo de empresas, propón utilizar e implantar un determinado sistema nas súas interaccións dixitais.
- Proxectos individuais: nos que unha peme aborda unha das seguintes tipoloxías de proxecto:
- Desenvolvemento dunha interface dixital para as súas interaccións de negocio, ou implantación dunha solución de interacción xa existente cos seus clientes ou provedores.
- Implementación de sistemas especificamente no ámbito da produción e loxística, encamiñados á dixitalización de procesos, interconexión de elementos físicos e virtuais, tratamento de datos captados mediante sensórica.
- Sistemas de intelixencia artificial, aprendizaxe automática e toma de decisións autónomas.
Gastos subvencionables e contías das axudas
- Investimentos materiais novos e/ou inmateriais adquiridas en propiedade. A subvención será do 30% para as pequenas empresas, e do 20% para as medianas.
- Colaboracións externas de carácter tecnolóxico ou organizativo: asistencia técnica, adaptación e parametrización de solucións, consultoría e servizos directamente relacionados coa execución do proxecto. A subvención será do 50% para ambas as categorías de empresa, pequenas e medianas.
Prazo de presentación de solicitudes: Ata o 15 de marzo de 2018