CURSO ESTRATEXIAS PARA INCREMENTAR AS VENDAS: PLAN DE MERCADOTECNIA

img

CURSO ESTRATEXIAS PARA INCREMENTAR AS VENDAS: PLAN DE MERCADOTECNIA

A venda é unha actitude e debemos lembrar que todos na organización vendemos algo. Pero debemos planificalo.

Do 20 ao 22 de febreiro de 2017, Rafael Martínez-Carrasco, Socio-Director de Arxon Estratexia impartirá na Cámara de Comercio da Coruña, o curso ?Estratexias para incrementar as vendas: Plan de Mercadotecnia?, imprescindible para pemes e autónomos interesados en coñecer a importancia do plan de mercadotecnia nas vendas da empresa.

CONTIDOS DO CURSO:

1. O Plan de Mercadotecnia. Ferramenta comercial. O Plan de Mercadotecnia como ferramenta de venda, claves na elaboración do Plan e o seu destino.

2. Proceso de elaboración. Metodoloxía de diagnose interna previa. Análise e diagnóstico da situación actual, ferramentas prácticas, estudo de clientes e non clientes, revisión estratéxica comercial da empresa, coñecemento do cliente e obtención de información, bases de datos e sistemas. Combinación de actuacións en liña e offline.

3. Desenvolvemento e execución do Plan. Definición de obxectivos, deseño práctico de accións, os briefings operativos, proceso de validación das accións, cronograma de execución. O orzamento de Mercadotecnia.

4. O Plan de Mercadotecnia como ferramenta de control de xestión (control das accións do Plan, responsable do control comercial, perfil e desempeño, os KPIs estratéxicos e operativos comerciais, sistema práctico de control comercial, accións correctoras.

5. Casos prácticos de empresas reais.

OBXECTIVOS: Coñecer a importancia do plan de mercadotecnia nas vendas da empresa. Proporcionar ferramentas de análises e execución.

ORIENTADO PREFERENTEMENTE A: Empresarios, emprendedores, persoas relacionadas coa venda e interesados en xeral.

METODOLOXÍA: Formación teórica con apoio de casos prácticos reais e medios audiovisuais.

PRAZAS LIMITADAS – CERTIFICADO ACREDITATIVO

DATA E HORA LÍMITE DE INSCRICIÓN: 16 DE FEBREIRO, 13:00 HORAS

HORARIO E DURACIÓN: 18:00 a 21:30 horas (luns e martes), e 18:00 a 21:00 horas (mércores), 10 horas.

MATRÍCULA: 105,00 ?. 80,00 ? para empresarios e persoal de empresas socias da Cámara. Ata o 100% de bonificación (Fundación Estatal para a Formación no Emprego), solicite e cubra a documentación necesaria en: formacion@camaracoruna.com

IMPARTE: D. Rafael Martínez-Carrasco Samartín.

INFORMACIÓN E MATRÍCULA: Cámara de Comercio, Industria, Servizos e Navegación da Coruña. C/Alameda, 30, 1º. A Coruña. Tel: 981 216 072.

LUGAR DE IMPARTICIÓN: Centro de Formación da Cámara. C/Mendaña de Neyra, 3 (lateral ao Recinto Feiral de EXPOCORUÑA).

Related Post