FORMACIÓN: 2ª EDICIÓN PROGRAMA TÉCNICO DE XESTIÓN FINANCEIRA PARA DIRECCIÓN
- Posted by Marketing
- Posted in Desenvolvemento de NegocioFinanzasFormación
“Gañar diñeiro non significa gañar liquidez. As empresas pechan pola súa caixa e a súa xestión pode levar a ser unha vantaxe competitiva”.
Arxon Estratexia realizará a 2ª edición do seu curso de formación “Programa Técnico de Xestión Financeira para Dirección”, impartido por Rafael Martínez-Carrasco, Socio-Director de Arxon Estratexia:
Ligazón ao contido do curso:
2ª EDICIÓN PROGRAMA TÉCNICO XESTIÓN FINANCEIRA
OBXECTIVOS
Achegar a visión financeira práctica e operativa para a Dirección de Pemes, Micropemes e autónomos. Non é preciso ter coñecementos financeiros, senón a necesidade de desenvolver a visión e as actividades nesta área desde a xerencia da empresa. Facilitar aos mandos intermedios, responsables de contabilidade e administración con experiencia contable pero non financeira, para que poidan achegar valor desde a súa xestión diaria e asumir a toma de decisións de ámbito financeiro.
DESTINATARIOS
Xerentes, Directores Xerais, empresarios individuais e responsables de área administrativa e contable que precisen achegar no seu desempeño diario unha visión e control financeiro da súa empresa.
METODOLOXÍA
Aplícase o método do caso para cada módulo no que se traballarán situacións reais de empresas galegas, sobre as que os asistentes poderán identificarse e ver a aplicación práctica e directa dos coñecementos teórico e prácticos das sesións sobre a súa propia empresa. Realizaranse actividades prácticas en excel financeiro para executar os casos propostos na clase.
TITORÍAS
Dispoñerase dunha titoría individual dunha hora para cada sesión impartida que permitirá ao alumn@ compartir de forma particular as súas consultas sobre o temario do curso e mesmo recibir axuda para a implementación de accións concretas no ámbito dos contidos sobre a súa empresa. Así mesmo facilitarase un mail e teléfono de contacto para calquera outra consulta que se desexe realizar sobre o temario durante o curso e os TRES MESES seguintes á finalización do mesmo, de forma ilimitada.
MATERIAL
Facilitarase material en formato dixital e físico para o seguimento. Así mesmo entregaranse ferramentas desenvolvidas para o seu emprego nas funcións da área financeira de cada asistente.
ONDE
Asociación Área Empresarial do Tambre (Vía Edison, 1 Polígono Industrial do Tambre, Santiago de Compostela)
DURACIÓN
O programa terá unha duración de 40 horas, en sesións de venres mañá, incluíndo un relatorio complementario na área mercantil e fiscal sobre actuacións inspectoras da AEAT e responsabilidade de administradores, de peche do programa que terá unha duración de 4 horas.
Data inicio: 29 de setembro / Data fin: 1 de decembro / Horario: venres de 9:30 a 14:00 horas
Mércores 1 de decembro horario de 10:00 a 14:00
(Exclúese o vernes día 13 de outubro)
Atención comercial e solicitude de reunión:
Teléfono: 881.99.89.25/ 620.230.389
Mail: info@www.arxonestrategia.com