CURSO: CONTROL DE XESTIÓN NUNHA PEME
- Posted by Marketing
- Posted in Desenvolvemento de NegocioFormación
Rafael Martínez-Carrasco, Socio-Director de Arxon Estrategia, impartirá na Cámara de Comercio da Coruña, o curso “CONTROL DE XESTIÓN NUNHA PEME”, do 25 ao 27 de setembro de 2017.
CONTIDOS:
Conceptos clave do control de xestión: Concepto e requisitos dun Sistema de Control de Xestión. Control de Xestión Operativo nunha PEME, visión práctica e estratéxica. Factores clave deste Sistema. Que me estou perdendo se non teño un Sistema de Control de Xestión. Criterios de definición dun Sistema de Control de Xestión.
Ferramentas eficientes para o control de xestión: Metodoloxía para crear un Sistema de Control de Xestión con poucos recursos. Desenvolvemento práctico do deseño dun Sistema de Control de Xestión. O cadro de mando, casos prácticos. Graos de madurez na implantación do sistema. Quen participa no control de xestión, operativa diaria.
Modelos e Casos. Modelos e estruturas actuais de aplicación para PEMES e Micropemes. Casos prácticos de empresas reais.
OBXECTIVOS: proporcionar os coñecementos básicos para analizar os puntos clave do control de xestión, aprender a elaborar sistemas de control, adaptados á PEME.
ORIENTADO PREFERENTEMENTE A: empresarios, xerentes, persoal relacionado con administración e que desexen ter coñecementos de controlling efectivo, interesados en xeral.
METODOLOXÍA: formación teórica con aplicación de casos prácticos. Utilización de medios audiovisuais.
PRAZAS LIMITADAS – CERTIFICADO ACREDITATIVO
DATA E HORA LÍMITE DE INSCRICIÓN: 20 DE SETEMBRO, 13:00 HORAS
HORARIO E DURACIÓN: 18:00 a 21:30 horas (Luns e Martes) e 18:00 a 21:00 horas (Mércores), 10 horas.
MATRÍCULA: 100,00 €. 75,00 € para empresarios e persoal de empresas socias da Cámara. Ata o 100% de bonificación (Fundación Estatal para a Formación no Emprego), solicite a documentación necesaria a: formacion@camaracoruna.com, antes de 10 días do comezo.
IMPARTE: D. Rafael Martínez-Carrasco Samartín.
INFORMACIÓN E MATRÍCULA: Cámara de Comercio, Industria, Servicios y Navegación de la Coruña. C/Alameda, 30, 1º. A Coruña. Tel: 981 216 072.
LUGAR DE IMPARTICIÓN: Centro de Formación da Cámara. C/Mendaña de Neyra, 3 (lateral ao Recinto Feiral de EXPOCORUÑA).
O pago realizarase antes do comezo do Curso.
Enlace Cámara de Comercio da Coruña: